segunda-feira, 8 de outubro de 2012

sexta-feira, 14 de outubro de 2011

GRELO FOLC 2011




Presentado por Xosé Manuel Pereiro

SÁBADO 22 OUTUBRO ÁS 22.00

ONDAS MARTENOT (homenaxe a Lois Pereiro)

ORQUESTRA OS MODERNOS

OS CUCHUFELLOS

ESTIMABA QUE VIÑERAS


Un ano máis e como non podía ser doutra maneira a Asociación Cultural O ABORDELO organiza unha nova edición do festival GRELO FOLC.


Foi no 1995 cando en Monfero comezou a ruxir algo nas cabezas das súas xentes, algo que supuxera ir máis alá das festas patronais, das procesións e das orquestras que acaparan o panorama musical das aldeas do noso país. Foi neste ano cando se levou a cabo unha única edición do ousado e atrevido 24 horas rock Monfero. Unha sesión, dun día e unha noite ao completo, de música en directo.

Un ano despois, no 1996, organízase o festival folc Entre as rochas do Mosteiro, contando con grupos xa daquela coñecidos coma Os Cempés.

Aquí faise a primeira parada no tempo até o 1999, cando se organiza a Festa Folc do Río do Dez, onde se presenta o primeiro disco dos mitiquísimos PAPAQUEIXOS.


É no 2001 cando o festival se traslada definitivamente ao incomparábel marco do Mosteiro de Monfero e queda xa bautizado de por vida co nome do Grelo Folc, facendo así unha reivindicación do noso produto rei, que dá personalidade aceda e brava ás nosas xentes e á nosa paisaxe, reivindicando así o orgullo deste cachiño do país que é Monfero.

Polo Grelo Folc, sempre coa máxima de dar protagonismo á cultura nacional e aos grupos do país, que utilizan como non pode ser doutra maneira a nosa lingua, pasaron os RUXE RUXE, o JARBANZO NEGRO, ZENZAR, O LINHO DO CUCO, SERRALHE-AÍ, OS TRES TREBÓNS, A MAGNIFIQUE BAND e ULTRAQÄNS entre outros.

Foi no 2009 cando, co gallo de celebrar o X aniversario daquela memorábel festa do Río Dez, retomamos de novo o festival coa celebración especial do PAPAGRELO. Nesta ocasión puidemos disfrutar, por última vez na historia do ser humano e non tan humano, do arrexuntamento destes xa non tan rapaces coñecidos no universo enteiro e parte de Portugal: os PAPAQUEIXOS.



Comeza pois a conta atrás dez... nove... oito...!!!!!!!!!


VÉMONOS TOD@S EN MONFERO
!!!!

ONDAS MARTENOT




Ano Lois Pereiro. Ondas Martenot nace coa ansia de visualizar e homenaxear ao grande poeta de Monforte.

Son undergrounds, son transgresores, son provocadores, son vida, son morte, son amor, en definitiva son PUNKIS.

Os poemas de Lois Pereiro cobran protagonismo na música de Ondas Martenot, que se encargan de reinterpretar e loispereirizar cancións de Iggy Pop, Las Vulpes, Joy Division, etc





O grupo fórmano músicos de sobra coñecidos no noso panorama musical: Amil e Antón Papaqueixos, Cristina Asenjo do Sonoro Maxín e o homexou O Leo e arremecaghoná.


Deixámosvos con Lois Pereiro, que o disfrutedes!!!



ORQUESTRA OS MODERNOS



A claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arrecendo das fiambreiras, até a geometria dos quadros dos manteis se levantam e brindam pola oportunidade dada ao "frotis" e ao "arrechuche" contagiada polos ritmos bailables da Orquestra "Os Modernos".

Como consequência da sua constante renovaçom e experiência atraves de tantas giras e viagens por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra "Os Modernos" ofréce-lhes um repertório renovado de bailes como manda a última moda: fox-trot, baião, bolero, habanera, corrido, rumba, mazurca..., sem esquecer-se tampouco desses ritmos máis arcaicos e propios do nosso folclore como a moinheira ou a jota.

Os bailadores e bailadoras confidentes, senten-se protagonistas arroupados ao tempo que ilhados, ao estar a música exclusivamente ao servizo do seu baile.

Ninguem senta quando toca a Orquestra "Os Modernos"!







OS CUCHUFELLOS


Cuchufellos é unha banda multicultural afincada na República Independente do Macizo Central, formada por 10 músicos incontrolábeis, inconformábeis e inclasificábeis .

Trompeta, saxos, baixo, guitarra, acordeón e percusión son as súas armas de diversión masiva, que utilizan para cumplir a súa misión: facer de cada concerto unha festa.

Teñen tocado en numerosos festivais Galegos e e de fóra da Galiza (Barcelona ,Madrid, Burgos, Leon...) destacando a súa participación no Reperkusion, Revenidas, Demandafolk, Son de Meiga, e compartindo cartel con grandes nomes do panorama musical nacional galego.

En 2009 presentan ou seu último traballo Achegaivos fregueses, 11 temas en galego, que van dende os Balcáns até Manzaneda, nunha viaxe cargada de ritmos frenéticos.

O Cuchufellos estiveron xa con nós na edición especial do Papagrelo, acompañando no escenario aos míticos e xa desaparecidos Papaqueixos que, por un día, tiveran a Monfero como escenario da súa xuntanza.

Deixámosvos cunha memorable actuación do grupo na palloza do Chis en Balboa, no Bierzo, para que vaiades quentando motores:







ESTIMABA QUE VIÑERAS



O Grupo Folc “ESTIMABA QUE VIÑERAS” nace alá polo ano 2007 en San Xoan de Piñeiro, Mugardos.


A súa música é unha mistura de pezas de gaita tradicionais co poemario galego e propio do noso país todo isto acicalado cun toquiño rock que lle aporta carácter á festa.

Os compoñentes veñen de distintos estilos musicais, o que lle aporta diversidade ao repertorio.

Ante todo son un grupo de amigos que gostan da música do país.

Contan xa cunha ampla cantidade de actuacións entre as que caben destacar algunhas de relevancia: "FESTIFOLK SAN XOAN DE PIÑEIRO" en Mugardos, "FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA" no Muiño de Pedroso-Narón, "FESTIVAL ANTROSPINOS" en Taragoña-Riaxo, "FESTIVAL SOLIDARIO, UNHA MAN POR HAITÍ" en Pontedeume, no "FESTIVAL IRMANDIÑO" de Moeche e nun sinfín de actuacións en festas e sociedades culturais da nosa bisbarra.


A continuación podedes velos en directo:




segunda-feira, 29 de agosto de 2011

quarta-feira, 6 de outubro de 2010

e o 2010 CHEGOUUUUUUU!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

'g. Gráficas do Granito, auga e silenzo, onde transborda a alma da Gulfstream. O xemido das Gaitas, e no carácter esa amable presenza da Graxa' "Qué é Galiza?" de Lois Pereiro.



A partires das 14:00 hras xantar popular con churrasco, cachelos e requeixo, café e viño... (podedes anotarvos no teléfono do cartaz ou no correo-e: oabordelo@gmail.com)

Pola tarde xogos varios e música. Traede instrumentos e gorxas!!!

e para que todo isto sexa posíbel non esquezas mercar o único e exclusivo modelo de edita's design das camisolas desta tempada!!!



pola noite toooodoooo istoooooooo meus queridos ateos minhas queridas ateas!! todo en propiedade eclesiástica!! No grandioso Mosteiro de Monfero... onde se non????....

XAQUE!!!!!!!

Que non señoras e señores.. que non é unha charanga!!!

O campo da festa estará amenizado polos máis virtuosoS dos ventoS, a máis elaborada estética e os máis vistosoS sombreiroS... son eles, os únicos e inimitábeis
jasseiroS-salseiroS son
A MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMES SEN MEDO!!!

segunda-feira, 4 de outubro de 2010

e grandes estrelas internacionais...

música irlandesa de taberna irlandesa tamén...

ALALÉ dende o EIRE

PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO!!!!!

as mellores das sachadoras... as grandes vencedoras do A Polo Ghit...
ASAMBLEAS EN TODAS AS ALDEAS!!!


SACHA NA HORTA

PORQUE SE AS MULHERES PARAM O MUNDO PARA!!

Podedes descargar o disco en www.aregueifa.net

ultraRroghos ÜLTRAQÄNS... VACAS Á RÚA O LEITE CONTINÚA!!!! O auténtico folc-roqueiro de palleiro!!







Os máis grandes roqueiros do país... porque 20 anos non son nada... ZËNZAR ao dreito dende Cerceda!!!!!




sábado, 1 de maio de 2010

terça-feira, 20 de abril de 2010

A NOSA ASOCIACIÓN DI NON Á MINA DE ANDALUCITA NAS FRAGAS DO EUME

OS COROS DAS IRMANDADES. Un xeito de vivir o País

A fotografía é de Cántigas da Terra no 1917 (recen creado o coro), no centro están Eladio Rodríguez, primeiro presidente, e Mauricio Farto, primeiro director, distínguense ben porque non levan traxe do País


Cando en 1883 bota a andar en Pontevedra o Coro Aires d’a Terra, Galiza inicia unha dourada etapa de rexurdimento musical de auténtico sentimento pola Terra. Visten o traxe do País e cantan melodías de inmenso valor patrimonial, creando unha estética única, respectuosa e dignifícante para coa nosa cultura. Deste xeito Aires d’a Terra salva por primeira vez o enorme baleiro entre a cidade e o campo, nos que xa se albiscan síntomas de esquecemento e menosprezo cara ao propio. O seu legado deu semente a un dos piares fundamentais da música galega de grande parte do século XX: os coros.

Coa creación das Irmandades da Fala, en 1916, o primeiro nacionalismo precisa pragmatizar os seus ideais de recuperación da identidade propia. Con tal fin promoveron a creación de coros e grupos de teatro por toda a xeografía galega. Nun contexto de emoción e creatividade, produto do amor pola Terra, xermolan o canto, o baile, o teatro, a poesía, a pintura... trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da globalización.

Ata o cruento golpe do 36, os coros mantiveron unha relación intensa coas Irmandades, primeiro, e co Partido Galeguista, despois. É por isto que na súa historia tomaron partido os máis insignes persoeiros galegos: Eladio Rodríguez, Leandro Carré, Antón Vilar Ponte, Ángel del Castillo, Camilo Díaz Baliño, Xaime Quintanilla, Vicente Risco, Manuel Abelenda, Leandro Pita Romero, Castelao... Ademais, foron os iniciadores da comedia en galego, pioneiros na incorporación das mulleres ás agrupacións musicais e, sen dúbida, constituíron a mellor ferramenta para recuperar nos entornos urbanos o canto na lingua propia.
A presente conferencia comprende os aspectos máis sinalados no proceso de creación dos coros e aborda, a través da historia de Cántigas da Terra, o seu desenvolvemento até a fin da II República.






MONCHO DO ORZÁN
Ramón Rodríguez Palleiro


Formouse no mundo da gaita da man de Raúl Galego e Ricardo Santos. Foi membro dos grupos “Barallete” e “Os Cataventos”, cos que percorreu boa parte do País, e vogal da Asociación de Gaiteiros Galegos nos anos 2004 e 2005. Actualmente é corista e vicearquiveiro do histórico coro “Cántigas da Terra” da Coruña e coordina o proxecto de posta en valor e recoñecemento do arquivo desta Institución. Colabora coa revista mariñana “A Xanela” na súa sección de folclore.






segunda-feira, 19 de abril de 2010

O ABORDELO APRESENTA...

O VINDEIRO VENRES
23 de Abril:

sexta-feira, 13 de novembro de 2009

Em Monfero de rachis: o Papagrelo!!

O Blog de ARBOLICIA agasállanos cunha estupenda crónica do PAPAGRELO 2009

http://arbolicia.blogspot.com/

Imaxe extraída da reportaxe de ARBOLICIA


OUTROS MOSTEIROS

CELANOVA

Tras varios anos parado rexorde, ao parecer, o proxecto de construir un hotel de luxo en Celanova


A Plataforma en defensa do uso público do Mosteiro de Celanova está a facer unha campaña para defender o dereito de tódos os cidadáns a disfrutar do Mosteiro. Os actuais ocupantes do inmoble son os alumnos e profesores da ESO, BAC e Ciclos Formativos da bisbarra, dándolle un uso educativo que se remonta a séculos. No mosteiro houbo escola mesmo na época en que o edificio foi tristemente usado como prisión.


Aqui tedes o blog da

PLATAFORMA EN DEFENSA DO USO PÚBLICO DO MOSTEIRO DE CELANOVA,

nel poderedes asinar.


terça-feira, 13 de outubro de 2009